Ir o contido principal

O Coronavirus suspende a Festa das Flores

 

A crise do coronavirus obriga á organización a suspender todos os actos que estaban programados para o mes das Letras.

O primeiro deles era a presentación do novo libro de Henrique Rabuñal "Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra" o día 8 de maio no Auditorio de Arteixo. Unha publicación na que diferentes narradores iluminan o conxunto da obra literaria, lingüística ou filolóxica de Carvalho Calero e as sucesivas etapas biográficas. Ademais, por primeira vez en 29 anos, non se vai poder celebrar a entrega de premios do Certame Manuel Murguía previsto para o 15 de maio. Non obstante, si continúa a fase de concurso coa deliberación da xurado dos relatos presentados aínda que polo momento se descoñece a data estimada da emisión do fallo dos premios.

A actuación prevista para o 22 de maio da Escola Galega de Teatro Musical co espectáculo "O Candil, un musical galego", unha obra protagonizada por Iria Lamas, Lucía Sá e Sara Fandiño, ambientada no Pavillón Lino da Coruña de fai un século que ten como fío condutor o cancioneiro tradicional, será aprazada para o 16 de outubro.

Por último, a Festa das Flores di adeus á súa celebración e cancélanse todas as actuacións e actos planificados durante os días 29, 30 e 31 de maio