Ir o contido principal

O fútbol e o patinaxe centran a axenda deportiva da fin de semana

O Pazo dos Deportes de Arteixo acolle este venres as finais de Copa da liga municipal de futbol sala que disputan O Castaño e Fugaces Arume Arpado, en categoría de veteráns; e Verea tejas e tejados - S.A.I. FS na categoría senior. 

A primeira final, de veteráns, comezará ás 21.15 e a dos senior ás 22.00 h. 

Despois dos partidos, terá lugar o acto de clausura da tempada, ás 23:30h na cafetería da piscina, coa entrega de trofeos e un pequeno ágape para os asistentes.

Tamén o fútbol é protagonista o sábado coa disputa da final de Copa da Liga que organiza a Asociación da Liga de Peñas de Arteixo, será ás 18.15h no campo de herba natural de Arteixo, e os finalistas son os equipos de Rañal e Coiro. Ao remate entregaranse os trofeos aos gañadores e aos mellores equipos da liga. 

axel

O patinaxe tamén ten o seu espazo na fin de semana coa clausura e exhibición das escolas deportivas municipais de patinaxe. O sábado de 12.00h a 13.30h, haberá unha exhibición protagonizada polas nenas e nenos que participaron ao longo da tempada nas escolas deportivas municipais da modalidade de patinaxe, será no Pazo dos Deportes. 

Xa o domingo o Club Patín Axel, organiza unha nova edición deste trofeo de grupos de Show, será no Pazo dos deportes en horario de 11.30h a 15.30h. Agárdase a presencia de máis de 400 participantes que representan a diversos clubs de toda Galicia.