Ir o contido principal

O humor de Javier Varela destaca na programación cultural da fin de semana

O autidorio do centro cívico de Arteixo recibe o próximo 5 de outubro a Javier Varela . O actor chantadino, que deu vida a Aldán na exitosa serie Fariña,  trae a Arteixo o seu espectáculo "Saúdame sempre", un monólogo sobre as cousas sinxelas onde repasa con humor aquelo de que "en Galicia somos xente moi riquiña. 

Saúdame Sempre” xa se achegou con gran éxito a outros puntos de Galicia que o calificaron como un espectáculo "divertido, simpático e para disfrutar dun moi bon rato". A cita é as 20.45 h. 

A proposta cultural da fin de semana complétase con cine en Meicende. Tamén o venres 5 de outubro o centro cultural acolle a proxección da película "Pérez, o ratiño dos teus soños", unha coprodución galego-arxentina de animación, dirixida por Juan Pablo Buscarini que narra a historia de Lucía, unha nena moi inquieta que unha noite perde o seu primeiro dente e decide deixalo debaixo da almofada para cando veña o ratiño Pérez a por el. Goya á mellor película de animación no 2006.

A película está dirixida a público infantil e as invitacións poderanse recoller 1 h antes na conserxería do Centro Sociocultural de Meicende.