Ir o contido principal

O Magosto volve á Praza do Balneario

A Praza do Balneario é o lugar escollido para celebrar, un ano máis, o tradicional Magosto, a festa máis recoñecible do outono. 

Seráo xoves 31 de outubro a partir das seis da tarde e, coma sempre, non faltarán as tradicionais castañas asadas, os xogos da rapazada, cantigas ou as caras ciscadas das persoas asistentes.

Acompañará este evento as actuacións dos coruñeses "Pan sen Fron" e os bercianos "Bandina de los Fuérganos". 

A cita, como en edicións anteriores, nace da colaboración entre o concello de Arteixo e o de Balboa en León, moi preto de Pedrafita do Cebreiro. 

Magosto