Ir o contido principal

O novo colexio de Arteixo ocupará 38.000 metros cadrados na zona da Ponte do Ba

O novo centro, que será para alumnos de educación infantil e primaria, disporá de 450 novas prazas e, segundo as dúas administracións, "asegurará o futuro educativo do concello" xa que tamén se reserva espazo para un futuro centro de secundaria. 

O CEIP estará na zona da Ponte do Ba, nun terreno cercano ao cruce da travesía de Arteixo e a carretera que vai ao val de Loureda. O concello iniciará xa os trámites necesarios para a adquisición dos terreos.  A administración escolle esta ubicación debido á facilidade de comunicación peonil pola proximidade de sendas para peóns así como pola posibilidade de dispoñer de aparcadoiros con capacidade suficiente. 

Colexio
Localización do novo CEIP de Arteixo

 

Arteixo que alcanzou xa os 32.000 habitantes,  conta actualmente, tra-la recente entrada en funcionamento da terceira escola infantil municipal, cos CEIP Ponte dos Brozos, con 1.128 alumnos; e o CEIP Arteixo , con 591 alumnos. Tamén de infantil e primaria é o CEIP Galán  que acolle a 467 alumnos; e o CEIP San Xosé Obrero de Meicende no que cursan os seus estudos 252 alumno. 

A oferta educativa complétase con dúas escolas de educación infantil en Barrionovo e Vilarrodís , con 74 alumnos; e tres escolas unitarias en Larín, A Lagoa y Rorís ( nas que reciben clase 35 alumnos.

Os IES Manuel Murguía, con 800 alumos;o de Sabón con 233 alumnos, e  o IES Pastoriza  con 299 alumnos, completan un mapa de 3.879 alumnos escolarizados en el municipio de Arteixo.

Xunta e concello abordaron recentemente a reorganización dos institutos co obxectivo de conseguir máis prazas neste ciclo educativo correspondente á ESO, bacharelato e FP.