Ir o contido principal

O novo libro de Henrique Rabuñal distribuirase nas asociacións locais de Arteixo

A Concellaría de Cultura quere que o Día das Letras Galegas 2020, adicado a Carvalho Celro, non pase desapercibido. A crise do coronavirus impide que se celebren actos públicos como os que cada ano organiza esta concellería para lembrar ao  autor homenaxeado.

En homenaxe a difusión e ao coñecemento deCarvalho Calero, a concellería distribuirá o libro “Ricardo Carvalho Calero, o anxo da terra, escrito polo arteixá Henrique Rabuñal, para que se incorpore aos fondos bibliográficos das entidades culturais e veciñais do concello.

Da maneira que na novela Scórpio diversos narradores constrúen a biografía do protagonista, así neste libro diferentes narradores iluminan o conxunto da obra literaria, lingüística ou filolóxica de Carvalho Calero e as sucesivas etapas biográficas. Os anos infantís en Ferrol, a vida universitaria e política xa na compaña de María Ignacia Ramos Díez, a guerra e o presidio, a dura posguerra e a fértil xeira de Fingoi, o seu labor académico, a súa entrega a Galaxia e o período da docencia universitaria. Tamén o ciclo vizoso como profesor xubilado e a incesante presenza e reivindicación de Ricardo desde o seu pasamento até os nosos días. Escritor precoz e total durante seis décadas, entregado militante do nacionalismo republicano, intelectual brillante e libre sempre entregado á nosa cultura, Carvalho Calero ocupa un dos lugares máis sobranceiros na historia galega do século XX. Podemos afirmar del o que el dicía de Otero Pedrayo. Contra Carvalho Calero non se pode construír o noso país.