Ir o contido principal

O obradorio de emprego recupera o camiño da Fragua

Unha senda tradicional volve a ver a luz gracias ó traballo dos dez traballadores que forman o novo obradoiro de emprego A Laracha-Arteixo e que se desenvolve, en clases prácticas e teóricas durante nove meses. 

Os alcaldes de Laracha e Arteixo, José Manuel López e Carlos Calvelo, visitaron hoxe estes traballos que teñen previsto se finalizar, na súa primeira fase, no mes de xuño próximo. 

O obradorio,a cargo de ambos concellos, conta coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia que aporta 280.000 euros, e persigue, entre os seus obxectivos, mellorar a empregabilidade dos participantes, crear postos de traballo e mellorar as infraestruturas públicas de titularidade municipal.

Ademáis de acondicionar o tradicional camiño da Fragua entre Pastoriza e Meicende, os coñecementos que adquiran neste taller os aplican tamén nos traballos de acondicionamento do edificio administrativo de Torás, e a restauración da pasarela del paseo fluvial de Cabovilaño en A Laracha.

Nos nove meses de duración do programa, dez alumnos traballadores participan na especialidade de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, e outros dez no módulo de traballos de carpintería e moble. Todos eles terán a posibilidade de adquirir os coñecementos teóricos e prácticos da súa especialidade, realizar actuacións en instalacións de ambos concellos para acadar experiencia, recibir o certificado de profesionalidade ao rematar con éxito o obradoiro e acceder a un posto de traballo remunerado nestes nove meses de aprendizaxe e formación.