Ir o contido principal

O outono trae de volta as xornadas de micoloxía

Revalorizar o medio rural e promover o respecto pola natureza son só dous dos obxectivos que perseguen as tradicionais e prestixiosas xornada de micoloxía que cada outono, dende hai trece anos, organiza e promove o departamento de Medio Ambiente do Concello de Arteixo. 

A iniciativa trata de axudar ós 24 participantes a identificar as distintas especies, discernindo cales teñen valor culinario e cales non, cales son tóxicas ou cales son mortais.; a coñecer os cogomelos típicos de Galicia; e a comprender a función que os cogomelos realizan no medio natural. 

As XIII xornadas de micoloxía se desenvolverán entre o 31 de outubro de o 5 de novembro próximos. Costan 10 euros e serán 24 prazas, por sorteo. Terán prioridade os veciños de Arteixo. No caso de quedar prazas vacantes abriríase a inscrición a persoas doutros concellos.

As xornadas, como ven sendo habitual, contarán cun apartado adicado á gastronomía e unha saída ó campo para poñer en práctica os coñecementos adquiridos.

Micoloxía

 

  • Inscrición e límite de prazas: 24 prazas a traveso de Rexistro Xeral. A adxudicación de prazas realizarase a traveso de sorteo público, no caso de superarse o número de prazas.
  • Prazos:
    • Inscrición: do 6 ao 13 de outubro
    • Sorteo: 17 de outubro
    • Publicación de persoas admitidas: 19 de outubro
    • Pagamento: do 20 ao 25 de outubro
  • Prezo da actividade: 10 euros segundo a Ordenanza nº 34 reguladora do prezo público pola prestación de servizos socioculturais, educativos, deportivos, recreativos e análogos.
  • Prioridade para os veciños de Arteixo: Por mor da alta demanda constatada en anteriores edicións e co gallo de favorecer a veciñanza de Arteixo, darase prioridade aos participantes empadroados no Concello de Arteixo.
  •     Destinatarios: Cidadanía en xeral, maior de 16 anos
  • Solicitude de turno de cociña: confirmarase a praza no momento de entregar o xustificante de pagamento da actividade, por orde de chegada