O plástico protagoniza o certame de fotografía ambiental
Unha muller con bolsas da compra é a imaxe gañadora do XVI certame de fotografía ambiental do Concello de Arteixo que este ano adicábase a glosar as prácticas relacionadas coa reciclaxe. A instantánea, en branco e negro, é obra de Felipe Carballeira.

A imaxe titulada "Vida" realizada por José Manuel Abuín fíxose co segundo premio, mentres que o terceiro foi para Paula Varela coa instantánea titulada "Harmonía"


Na categoría de Mellor Fotógrafo Local, o gañador foi Manuel Alvedro coa imaxe “Educa” e na de Mellor Fotógrafo Local xoven o galardón foi para Laura Verdes ca instantánea “Orgánicos”

.