Ir o contido principal

O pleno de novembro tratará a expropiación definitiva dos terreos sobre os que se construirá a pìscina de Meicende-Pastoriza

O pleno municipal debatirá o próximo 28 de novembro a aprobación definitiva do expediente de expropiación dos 23.000 metros cadrados sobre os que se construirá a piscina de Meicende-Pastoriza. O Concello consigna 176.000 euros para o pago aos propietarios afectados. 

Unha vez acadados os terreos iniciarase o trámite para licitar a obra xa que, neste mesmo ano, recibiuse o proxecto constructivo que terá un prazo de execución de ano e medio. 

As novas instalacións estarán na zona verde próxima ó encoro de Meicende e pretende ofrecer ós veciños da zona un novo equipamento deportivo e de ocio. 

A piscina se elevará sobre una zona de 20.000 metros cadrados dos que 5.700 metros serán edificables; 3.600m2 serán para aparcamentos e 13.700m2 para zona verde. A actuación servirá ademáis para acometer un pequeno paseo fluvial que conectará, cunha senda peonil, as beirarrúas que baixan de Pastoriza coa nova piscina. A instalación disporá de dúas piscinas, unha de iniciación; ximnasio de 500 m2 e tres salas para outras actividades deportivas. 

PiscinaPiscina