Ir o contido principal

O pleno de outubro da luz verde á nova ordenanza para a recollida do lixo

Os votos a favor do PP e a abstención de todos os grupos da oposición foron permiten a aprobación dunha nova ordenanza para a recollida do lixo que debería de entrar en vigor en xaneiro do ano próximo, unha vez se produza a saída de Arteixo do Consorcio de As Mariñas. 

O executivo local propón unha rebaixa  na taxa para vivendas dos 125,84 euros que cobra actualmente o Consorcio, a 98 euros. 

O pleno tamén deu luz verde, por unanimidade, ó inicio da expropiación dunha finca en Oseiro na que se pretende construir un  centro social e un parque. Tamén se aprobou comezar o expediente para que Arsenio Iglesias sexa nomeado fillo predilecto do municipio.