Ir o contido principal

O primeiro Valle Inclán en galego a proposta de teatro para a fin de semana

A Cabeza do Dragón combina a magnética influencia do Xapón e a potente tradición da farsa europea, chea de máscaras e de acrobáticos combates. Trátase da primeira versión galega deste texto no 80º  aniversario da morte de Valle-Inclán e que pon en marcha Producións Teatrais Excéntricas

María Costas, Víctor Mosqueira, Iván Marcos, Patricia Vázquez, Josito Porto, Yelena Molina, Marcos Orsi e o propio Quico Cadaval son as pezas fundamentais do elenco artístico que conta además con banda sonora propia creada para a ocasión polo maestro Diego García Rodríguez, comandando o Taller Atlántico Contemporáneo formado por prestixiosos músicos, moitos deles profesores da Real Filharmonia de Galicia.

O espectáculo, o venres 27 de outubro ás 20:45 h,  diríxese ós maiores de 13 anos e o custe das entradas xeral será de 6 €. Son 4,5 € para aquelas persoas maiores de 65 anos, estudantes de ensinanzas homologadas e menores de 12 anos.