Ir o contido principal

O programa Arteixo Innovación chega á UNESCO

Unha delegación do Concello de Arteixo, encabezada pola concelleira de educación, Celina Varela, e formada por varios profesores do colexio Ponte dos Brozos participan na Mobile Learning Week, un certame da UNESCO no que participan centros educativos de todo o mundo que destacan polas súas boas prácticas no uso das novas tecnoloxías. 

Arteixo presentou neste marco o programa Arteixo Innovación que desenvólvese, a través dun dos seus proxectos, no colexio Ponte dos Brozos. 

Foi a proposta da UNESCO que o centro de Arteixo acodiu a esa cita na que participan outros sete colexios do mundo elixidos entre 150 propostas de 41 países. Foron escollidos polas súas boas prácticas no uso das tecnoloxías móbiles. 

O organismo especialidado de Nacións Unidas publicará este proxecto na súa revista xunto aos innovadores documentos de outros seis centros de Reino Unido, Rusia, Portugal, Israel e China. O proxecto resume as experiencias que nos últimos anos leváronse a cabo no centro educactivo mediante a integración nas aulas de ferramentas como as tablets ou os iphones. A UNESCO recollerá estas experiencias nunha publicación como forma de valorar o uso destas ferramentas na educación. 

O Concello desenvolve o programa Arteixo Innovación en once centros educativos do municipio que acceden, deste xeito, ás axudas que se conceden e que ascenden a un total de 180.500 euros. O programa permite aos centros desenvolver diferentes proxectos relacionados coa tecnoloxía durante o curso escolar. 

unesco