Ir o contido principal

O Proxecto internacional de Roi Casal chega ó centro cívico

Roi Casal, que fora integrante da mítica Milladoiro entre os anos 2000 e 2009, chega a Arteixo para presentar un dos seus máis aclamados espectáculos. 

"Son galego, Son cubano" pon música ás letras de Neira Vilas para amosar ó público os lazos de unión que existen entre o pobo galego e o pobo cubano. A obra, para todos os públicos, foi un encargo dos gobernos de Cuba e a Xunta de Galicia para resaltar os extensos lazos de unión entre ambos pobos. 

O seu estilo combinado cos aportes do seu lugar orixinario, sitúan a Roi Casal como unha das referencias da música galega actual máis alá das nosas fronteiras.

A actuación será o vindeiro venres 9 de marzo ás 20:30 h no Centro Cívico e Cultural. A entrada é de 6 € para todo o público e de 4,50 € para aquelas persoas maiores de 65 anos ou estudantes de ensinanzas homologadas.