Ir o contido principal

O roteiro empresarial leva ó alcalde e á concelleira de promoción económica a Leyma

O roteiro empresarial busca que os representantes municipais coñezan de primeira man as empresas do municipio para adecuar ás mesmas as súas accións de formación para desempregados e para a mellora do tecido empresarial.

O alcalde Carlos Calvelo, e a concelleira de Promoción e Desenvolvemento, Patricia Amado, visitaron as instalacións de Leyma acompañados do seu propietario, o empresario Jesús Lence.

Os representantes municipais coñeceron de primeira man a actividade dunha empresa que envasa actualmente preto de 3,2 millóns de litros de leite e derivados cada mes.

Leyma está nunha parcela de preto de 40.000 metros cadrados no Polígono de Sabón. Fundouse en 1975 e só envasa leite que procede de explotacións radicadas na provincia de A Coruña e de gandeirías sostibles.

Entre os proxectos de futuro para a empresa, Jesús Lence expuxo a instalación de novas liñas de producción de envases o ano próximo co obxectivo de proseguir en Arteixo con inversións que melloren o nivel técnico da factoría.