Ir o contido principal

O servizo de salvamento establece unha base no Porto Exterior

O Concello acorda coa Autoridade Portuaria a utilización dun dos pantaláns do Porto Exterior para ubicar a base das lanchas do servizo de salvamento e protección civil municipais. 

O executivo pretende, con esta iniciativa, que a resposta dos servizos de emerxencia sexa máis rápida ante calquera incidencia nos areais do concello. A nova base, que visitaron onte o alcalde Carlos Calvelo e o Concelleiro de Seguridade,José María Sánchez Novo, tamén supón unha mellora material para o persoal encargado de manter estas embarcacións. 

porto exterior