Ir o contido principal

O teatro infantil na axenda do venres en Arteixo

Grandes, pequenos, lixeiros, pesados, azuis, verdes, laranxas, cadrados e redondos! Agasallos de todas formas e mesturas, pero sempre divertidos. Os máis pequenos emocionados non dan feito entre tanto xoguete. Pero os maiores, atados pola espiral do tempo con compromisos e obrigas, non son quen de facer un oco na súa apretada axenda para compartir a fantasía cos máis pequenos.

"Patapatúm"  propón unha reflexión sobre a presenza dos bens materias nas relacións entre pais e fillos.

Elefante Elegante trae ao Auditorio de Arteixo a súa nova aposta. Trátase dun espectáculo de teatro visual sen palabras para público infantil e familiar a partir de 3 anos. Cunha banda sonora inspirada na música dixie, a máscara e o xogo físico propician un universo cómico que viaxa dende o realismo ata a hipérbole da nosa vida cotiá.

As entradas pódense mercar o venres 25 de xaneiro en horario de 11:30 a 13:30 h ou 1 h antes da función na Billeteira do CCC de Arteixo.