Ir o contido principal

O transporte circular retoma a rutina anterior á crise sanitaria

O transporte circular municipal retoma hoxe os seus horarios e paradas anteriores á crise sanitaria

Restablécense, deste xeito, a liña circular que percorre Arteixo, Vilarrodís, Pastoriza, Oseiro, A Maceira e Meicende; a Liña 1, entre Uxes e o núcleo de Arteixo; a Liña 2 de Suevos a Arteixo; a Liña 3 entre Loureda e o núcleo de Arteixo; a Liña 4 que vai desde Chamín, Sorrizo e Barrañán ata Arteixo; a Liña 5 de Monteagudo a Arteixo e a Liña 6 desde A Cachada e Monteagudo ata Arteixo.

Neste estado de nova normalidade tamén recupera horarios a línea circular que percorre Arteixo, Vilarrodís, Oseiro, Pastoriza e Meicende, que actualmente acaba ás 21.00 horas.

Podes consultar todos os horarios e paradas neste enlace a esta mesma páxina web : transporte municipal