Ir o contido principal

As obras no entorno de Morás obrigan ao peche temporal do parque infantil de O Seixedo

As obras que a Xunta de Galicia leva a cabo para a conexión do Polígono de Morás coa autovía A6 supoñen, entre outras cousas, o desdobramento a AC-551. Esa fase dos traballos suporá, a partir do luns 23 de setembro, o peche temporal do parque infantil situado nas marxes do río Seixedo. Trátase das obras de canalización da auga que se levan a cabo por mor do desdobramento dos accesos. 

Esas obras tamén supoñen o peche temporal do túnel que une Laxobre e Ponte. Segundo as previsións do executivo autonómico ese acceso estará pechado ata decembro próximo.