Ir o contido principal

Os autónomos beneficiarios das axudas contra a COVID19 teñen ata o 15 de Novembro para xustificalas

O Concello de Arteixo concediu, dende o pasado mes de maio, un total de 769 axudas a autónomos por un importe global de 1.302.900 euros. 

Son os datos das liñas 1 e 2 de axudas habilitadas polo concello para axudar a paliar os efectos da COVID-19. 

A liña 1, para aqueles autónomos que tiveron que parar totalmente a súa actividade, alcanzou a 366 autónomos e supuxo un total de 640.200,00 € en axudas. A liña 2, para aqueles que reduciron a súa actividade de forma considerable, beneficiou a 403 persoas e supuxo un importe total concedido de 662.700,00 €.

Todos os beneficiarios destas axudas teñen de prazo ata o 15 de novembro próximo para xustificar a documentación recibida.  Deben enviala a través da sede electrónica e indicar si se trata dunha subvención da liña 1 ou liña 2. 

Nos documentos adxuntos dispoñen de toda a documentación necesaria para formalizar o trámite.