Ir o contido principal

Os bebés protagonizan as actividades de outono das bibliotecas

O mes de outubro trae de volta ás bibliotecas do concello unha das actividades de maior participación do ano. Trátase dos contacontos para bebés de un a tres anos e que, nesta ocasión, achégase ás bibliotecas de Arteixo e Meicende con dúas sesións en cada unha delas. 

A primeira cita será o 3 de outbro próximo na biblioteca central Henrique Rabuñal coa actuación de Charo Pita que repetirá ao día seguinte en Meicende na biblioteca Antón Castro. 

Cornelia Craft é a seguinte contacontos que visita a biblioteca central. Será o 17 de outubro e, neste caso, con inscrición previa e prazas limitadas. O aforo máximo e de 25 bebés co seu acompañante e o prazo para participar ábrese o 1 de outubro. 

A actividade péchase en Meicende o día 18 de outubro coa visita de Patricia, de Purpurina Fun.  

Todas estas sesións desenvólvense ás 18.30 h ou ás 18.50 h. 

 

.