Ir o contido principal

Os Bolechas promoven a igualdade en Arteixo

Os nenos tamén forman parte desta programación. O venres 24 de novembro preséntase en Arteixo o libro “Os Bolechas visitan o CIM de Arteixo” de Pepe Carreira, no que se aborda a igualdade desde o punto de vista dos máis pequenos.  Ao acto, ademais dos Bolechas, asistirá o seu creador que asinará exemplares do libro para as nenas e nenos asistentes.

 Os Bolechas farán un pasacalles na Avenida do Balneario a partir das 17 h, e o autor do libro, Pepe Carreiro, asinará e repartirá exemplares do libro a partir das 18 h no Auditorio do Centro Cívico. A visita se completa con outras actividades como un obradoiro de debuxo co autor, un taller de chapas e o sorteo de varios discos de Os Bolechas.