Ir o contido principal

Os concursos de entroido repartirán máis de 8.000 euros en premios

Entroido18

O entroido chega a Arteixo, como cada ano, cargado de propostas para a participación dos veciños. 

Unha das actividades máis concorridas desas datas son os distintos concursos que, nesta edición de 2018, repartirán un total de 8.770,00 € en premios repartidos nas distintas categorías de  carrozas, comparsas e disfraces de adultos. 

O concurso infantil celebrarase no Pazo dos Deportes o sábado 10 de febreiro ás 17:30 h. O prazo de inscrición está aberto ata o 2 de febreiro no SM de Cultura e Festas situado no Centro Cívico Cultural de Arteixo. Este prazo poderá ampliarse ata o mesmo día do concurso se así o determina a Organización.

O concurso de carrozas, comparsas e disfraces de adultos/as será, como cada ano,  o martes de Entroido, 13 de febreiro.

O desfile comezará ás 17:30 h. As persoas interesadas teñen de prazo para efectuar a súa inscrición ata o 2 de febreiro antes das 14:00 h no SM de Cultura e Festas situado no Centro Cívico Cultural de Arteixo.

Podes consultar as bases para cada unha das modalidades nos documentos adxuntos.