Ir o contido principal

Os fondos de cooperación local deixan preto de un millón de euros en Arteixo

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias e o delegado territorial da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro, visitaron esta mañá o concello de Arteixo onde mantiveron unha reunión co seu alcalde, Carlos Calvelo

Marta Fernández-Tapias indicou que grazas a estas axudas, o concello de Arteixo recibe mais de 1 millón de euros

O delegado territorial da Xunta explicou que estas axudas respectan a autonomía dos concellos e poden destinarse ao que os alcaldes consideren máis urxente.

O delegado territorial informou que estas axudas destinadas ás entidades locais se sitúan entre os ingresos máis importantes que reciben os concellos para o seu funcionamento, xunto cos ingresos do Estado e o IBI,  para garantir o funcionamento dos servizos públicos e para poder facer obras. Os fondos previstos para o 2018 xa están, neste momento, pagados e liquidados.