Ir o contido principal

Os maiores visitan Aluman

A Concellería de Maiores, centros e actividades, organiza unha visita ás instalacións de Aluman o próximo 17 de abril. 

Trátase dunha actividade gratuita dirixida a maiores de 55 anos. 

O prazo para apuntarse é do 26 de marzo ó 10 de abril e hai que formalizar a inscrición no Centro de Maiores de Baiuca ou no teléfono 981.659094

As prazas son limitadas polo que, si hai máis apuntamentos se realizará un sorteo público o xoves 12 de abril ás 9'30 h no Salón de plenos da Casa Consistorial. 

A visita,o 17 de abril, ten programada a saída ás 09'45 h diante da oficina de turismo municipal.