Ir o contido principal

Os Reis Magos buscan axudantes

O 5 de xaneiro chegarán os Reis Magos a Arteixo. E necesitan axuda. Buscan figurantes para a gran cabalgata que se iniciará ás 18.00 h e discorrerá polas principais rúas de Arteixo para rematar, ás 19.00 h , no Pazo dos Deportes. 

Os interesados pódense inscribir ata o 21 de decembro na Concellería de Cultura. Preferiblemente han de ser maiores de idade aínda que, no caso de querer inscribir a menores, deberán ir acompañados dunha persoa adulta responsable.

As inscricións realizaranse en horario de 9:00 a 14:00 h nas oficinas do servizo, ou mandando un mail a cultura@arteixo.org. Os menores, ademais, deberán cubrir unha autorización por escrito.

As persoas inscritas serán convocadas para unha proba de vestiario o 27 de decembro en horario de 11:00 a 15:00 e o 28 de decembro de 16:00 a 20:00 h no Centro Cívico Cultural de Arteixo. Ese día recibirán as instrucións pertinentes para o día do desfile.

Documentos: