Ir o contido principal

Pais e fillos celebran un ano máis o día da árbore

Martín, Martina, Lucas, Enzo, Mateo, Sofía ou Lucía. Os nenos e nenas nacidos en Arteixo no pasado ano 2017, 280 en total, recibirán mañá o seu tradicional homenaxe coincidindo coa conmemoración do día da árbore, unha tradición que remóntase ó ano 2003 e dende aquel ano se fixeron plantacións no Parque de Monticaño; área recreativa de O Seixedo e distintos puntos do paseo fluvial.

A homenaxe levarase a cabo este ano na zona verde situada preto do Pazo dos Deportes e a partir das 12h.  

O departamento de medio ambiente congregará a numeorosas familias e se procederá á plantación de doce árbores. Cada un deles levará unha placa que recolle os nomes dos 280 nenos nacidos no concello en 2017.

As iniciativas polo día da árbore xa comezaron a se desenvolver xa a finais de febreiro con actividades para os distintos centros educativos do municipio que colaboraron, xunto cos departamentos de medio ambiente e educación, na plantación de árbores en distintos puntos do concello.