Ir o contido principal

A peaxe chegou hoxe á Audiencia Nacional

Arteixo defenciu esta mañá en Madrid a necesidade de que o Ministerio de Fomento adique a inversión prevista na prolongación da actual autovía do Porto Exterior á retirada da peaxe de Pastoriza. 

Este proceso é consecuencia directa do estudo técnico que o Concello presentou e que sustenta a demanda coa que se persegue a elimnación da peaxe. 

Segundo os cálculos dese estudio,  e tras unha negociación coa concesionaria da mesma, a eliminación da peaxe resultaría máis económica que a proposta actual do ministerio que inclúe a prolongación da autovía ao Porto ata a Terceira Ronda. Ademáis o Concello lembra que a supresión da taxa na autopista suporía conectar o tráfico portuario coa A-6 e, ademáis, favorecer o tránsito dos veciños de toda a comarca.

O documento,foi elaborado por avogados e enxeñeiros contratados pola administración e conclúe que Fomento incumpliu varias leis e realizou un cálculo erróneo dos criterios técnicos que o llevaron a este estudio informativo no que se afirma que é mellor prolongar a autovía do Porto Exterior ata a Terceira Ronda, que eliminar a peaxe de Pastoriza tal e como defende o concello.