Ir o contido principal

A piscina de Meicende comeza o seu percorrido administrativo

O Concello inicia a exposición pública do Plan Especial de Infraestructuras e Dotacións que servirá para construir a nova piscina da zona norte do municipio e que se ubicará entre Meicende e Pastoriza e na que prevén investir preto de tres millóns de euros. 

As novas instalacións estarán na zona verde próxima ó encoro de Meicende e pretende ofrecer ós veciños da zona un novo equipamento deportivo e de ocio. 

A piscina se elevará sobre una zona de 20.000 metros cadrados dos que 5.700 metros serán edificables; 3.600m2 serán para aparcamentos e 13.700m2 para zona verde. A actuación servirá ademáis para acometer un pequeno paseo fluvial que conectará, cunha senda peonil, as beirarrúas que baixan de Pastoriza coa nova piscina. A instalación disporá de ximnasio e espacio para outras actividades deportivas. 

Piscina Meicende

 

Piscina Meicende