Ir o contido principal

A Policía local sanciona a un local de Meicende que preparaba comidas e as entregaba no seu establecemento

Axentes da policía local de Arteixo sancionaron hoxe a un local de hostaleiría de Meicende por incrumprir o establecido polo decreto do estado de alarma. 

O local en cuestión preparaba e entregaba comidas no seu interior e incluso anunciaba os seus menús nas redes sociais. Hoxe anunciaban carne asada. No seu anuncio detallaban o menú do día, pedido mínimo e teléfono de contacto. 

A policía local estableciu ás 12.30 desta mañá un dispositivo que sorprendiu no establecemento ao propietario e a un cliente que xa recollera un pedido e devolvía o cambio. Ambos foron sancionados. 

A policía local pide a colaboración cidadá para cumprir o establecido polo estado de alarma para evitar duras sancións que van dende os 600 e ata os 3000 euros.