Ir o contido principal

Prazas vacantes nas actividades extraescolares para o curso 2018-2019.

  • Prazo de preinscrición: do 16 ao 31 de xullo
    • O impreso de preinscrición poderase recoller nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes ou Educación; ou descargalo na páxina web municipal www.arteixo.org. Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes ou Educación, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Do mesmo xeito poderase enviar á dirección deportes@arteixo.org e educacion@arteixo.org.
    • No caso que o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, terá lugar un sorteo público procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo.
  • Exposición de persoas preinscritas: A partir do 13 de agosto na páxina web municipal.
  • Sorteo público: 17 de agosto ás 11:00 h no Salón de Plenos do Concello
  • Exposición da listaxe de persoas admitidas: A partir do 20 de agosto na páxina web municipal e nos taboleiros de anuncios
  • Prazo de matrícula: As persoas admitidas terán un prazo (21 ao 31 de agosto) para formalizar a matrícula de cada actividade, debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes ou Educación. No caso contrario, procederase á anulación da praza.
  • Deberán achegarse  os seguintes documentos:
      • Folla de inscrición.
      • Recibo de pago.
  • De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións a partir do tres de setembro.
  • Lembramos que o calendario de actividades rexerase co establecido pola Consellería de Educación, coas vacacións de Nadal, Entroido e Semana Santa.
  • Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal 
deportes