Prazas vacantes nas actividades extraescolares para o curso 2019/2020
- Prazo de preinscrición: do 15 ao 31 de xullo
- O impreso de preinscrición poderase recoller nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes ou Educación; ou descargalo na páxina web municipal www.arteixo.org. Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes ou Educación, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Do mesmo xeito poderase enviar á dirección deportes@arteixo.org e educacion@arteixo.org.
- No caso que o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, terá lugar un sorteo público procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido.
- Exposición de persoas preinscritas: A partir do 12 de agosto na páxina web municipal.
- Sorteo público: 16 de agosto ás 11:00 h no Salón de Plenos do Concello
- Exposición da listaxe de persoas admitidas: A partir do 19 de agosto na páxina web municipal
- Prazo de matrícula: As persoas admitidas terán un prazo (20 ao 30 de agosto) para formalizar a matrícula de cada actividade, debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes ou Educación. No caso contrario, procederase á anulación da praza.
- Deberá achegarse a folla de inscrición e recibo de pago:
- De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións a partir do 2 de setembro.
- Lembramos que o calendario de actividades rexerase co establecido pola Consellería de Educación, coas vacacións de Nadal, Entroido e Semana Santa.
- Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (http://www.arteixo.org/servizos/pagos-online).