Ir o contido principal

Prazo para participar no curso de socorrismo en espazos acuáticos naturais

A Concellería de Promoción Económica, Participación, Xuventude e Novas Técnoloxías organiza un curso de Socorrismo en Espazos Acuáticos Naturais co que se obterá o certificado de profesionalidade. 

Trátase dun curso dirixido especialmente aos máis novos do municipio. Para participar hai que ter cumpridos os 16 anos e, como mínimo, ter o título da ESO ou Competencias Clave Nivel 2. Tamén é necesario posuir as habilidades e destrezas mínimas en natación. 

O prazo para se inscribir remata o próximo 5 de decembro. As solicitudes deben de se presentar no rexistro do Centro Arteixo Innovación, Avda. Arsenio Iglesias, parcela 46, Polígono de Sabón, Arteixo.

Para máis información poden chamar ao teléfono 981640572

Documentos: