Ir o contido principal

Preto de 160 pilotos competirán no circuíto José Ramón Losada

A catedral do autocross volverá a lucir as súas mellores galas esta próxima fin de semana coa celebración da XXII Edición do campionato de España que organiza a Peña Autocross Arteixo. 

Preto de 160 pilotos chegados dende distintos puntos de España, Italia ou Francia participarán nesta proba, referente do automobilismo na península. 

A presentación da proba, patrocinada por REPSOL, tivo lugar esta mañá na Casa do Concello. a subdirectora de PyO do Complexo da Coruña, Dácil Suárez, alabou o traballo da Peña Autocross nos últimos anos e apostou pola continuidade na colaboración entre o deporte e a refinería de A Coruña. 

O club arteixán, desde a súa creación en 1982, conseguiu converter o circuíto José Ramón Losada nun punto de referencia do automobilismo nacional, que atrae a máis de 10.000 persoas cada ano. Algo que tamén destacou o alcalde, Carlos Calvelo.