Ir o contido principal

Procedemento de inscrición nas Actividades Sociais para o curso 2018-2019

Infórmase do procedemento de inscrición nas Actividades Sociais do Departamento de Servizos Sociais, curso 2018-2019.

  • O prazo de solicitude: Do 1 ata o 29 de xuño, no Centro de Maiores A Baiuca en horario de apertura do centros.

A folla de solicitude poderá descargarse na páxina web municipal; así mesmo estará dispoñible nos Centros Sociais e no Centro de Maiores A Baiuca. Unha vez cuberta correctamente e asinada, deberá entregarse no Centro de Maiores A Baiuca no horario de apertura do centro. Tamén se poderá remitir por correo electrónico a esta dirección baiuca@arteixo.org.

  • Sorteo público para determinar a letra do abecedario polo cal se comezará a ordenar a lista de persoas admitidas. Día 2 de xullo ás 12:00 no Salón de Plenos.
  • Exposición da lista de persoas admitidas e lista de agarda. Desde o día 6 de xullo, na páxina web municipal e no Centro de Maiores A Baiuca.
  • Pagamento da actividades e inscrición. Do 9 ao 20 de xullo no Centro de Maiores A Baiuca en horario de 9:00 a 13:00h.

Para formalizar a inscrición deberán presentar a folla de solicitude co número de rexistro e máis o xustificante de ter pagada a actividade.

DE QUEDAREN PRAZAS VACANTES NAS ACTIVIDADES

Se despois do período de pago quedaran prazas vacantes, estas serán ocupadas polas persoas da lista de agarda.

De continuar existindo vacantes, abrirase un novo período de solicitudes e de pagamento, deste xeito:

 

  • Novo período de solicitudes: Do 23 de xullo ao 24 de agosto no Centro de Maiores A Baiuca en horario de apertura do centro, e tamén por correo electrónico na dirección baiuca@arteixo.org.
  • Pago das actividades (prazas vacantes): Do 27 de agosto a 7 de setembro, no Centro de Maiores A Baiuca en horario de 9:00 a 13:00h.

DE QUEDAREN PRAZAS VACANTES, seguirán facéndose inscrición a partir do día 1 de outubro.

Plantilla