Ir o contido principal

Procedemento de inscrición nos cursos de verán municipais de surf 2020

O Servizo Municipal de Deportes presenta os Cursos De Verán Municipais de Surf 2020, co fin de promover hábitos de vida saudables na poboación infantil do Concello de Arteixo, así como a mellora da condición física e busca de hábitos de vida saudables a través da actividade física e do deporte, promover relacións sociais entre os participantes das actividades, mediante a integración no grupo e a ocupación do tempo de lecer, aprender os fundamentos deportivos básicos do surf e promover especialmente os aspectos educativos e de formación do deporte.

Procedemento de inscrición: o procedemento de inscrición será o seguinte, tendo en conta o contemplado no Regulamento de instalacións deportivas municipais e escolas deportivas municipais, aprobado polo Pleno da Corporación en sesión ordinaria celebrada o día 30 de abril de 2015 e publicado no BOP número 213 do 6 de novembro de 2015

  1. Prazo de preinscrición: ata o 18 de xuño O impreso de preinscrición poderase recoller nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes con cita previa ou descargalo na páxina web municipal www.arteixo.org. Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes con cita previa, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Do mesmo xeito poderase enviar á dirección deportes@arteixo.org.
  2. Exposición de persoas preinscritas: A partir do 22 de xuño na páxina web municipal.
  3. No caso que o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, terá lugar un sorteo público procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo.
  4. Sorteo público: 25 de xuño ás 11:00 h no Pazo dos Deportes
  5. Exposición da listaxe de persoas admitidas: A partir do 26 de xuño na páxina web municipal
  6. Prazo de matrícula: Do 29 de xuño ao  2 de xullo. É obrigatorio para formalizar a matrícula do curso, confirmar a praza por correo electrónico. Nese intre remitirase o recibo de pago bancario, debendo entregar o xustificante de pagamento, no Servizo Municipal de Deportes con cita previa ou na dirección deportes@arteixo.org. No caso contrario, procederase á anulación da praza.
  7. De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións directas a partir do 6 de xullo.
  8. Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (http://www.arteixo.org/servizos/pagos-online).
surf

Relación de cursos ofertados

surf

Prezo Público: 10 € por curso, incluíndo seguros e material deportivo (tabla, traxe e licra)


NORMAS DE FUNCIONAMENTO

  • Idades ás que se dirixen os cursos: 7-15 años
  • É imprescindible saber nadar
  • Teñen preferencia as persoas que están empadroadas no Concello de Arteixo, existindo un número limitado de prazas para cada actividade, así como un número mínimo de prazas a cubrir para que a actividade se leve a cabo.
  • O Servizo Municipal de Deportes resérvase o dereito de efectuar as modificacións nas ubicacións, horarios, profesorado, etc., que considere necesarias.
  • No caso de que o Servizo Municipal de Deportes detecte falsidade nos datos o alumno causará baixa inmediata, sen dereito á devolución do importe abonado.
  • As persoas que asinan a folla de inscrición fan constar que non padecen ningunha enfermidade que o incapacite para a práctica deportiva, tendo feito o oportuno recoñecemento médico.
  • De conformidade co disposto na Lei Orgánica 15/99, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os seus datos serán tratados de xeito confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros do Concello de Arteixo, para a xestión de servizos. En calquera momento poderá exercitar, en relación cos seus datos persoais, os dereitos de acceso, cancelación e rectificación e oposición comunicándoo por escrito no Rexistro Xeral do Concello.
  • Cada persoa poderá solicitar a preinscrición nun máximo de 2 cursos e matricularse só en un deles. De quedaren prazas vacantes, poderá inscribirse libremente a partir do 6 de xullo