Programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT)
Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 20.07.2017, publicada no DOG núm.152, do 10.08.2017.
Obxecto e finalidade:
Empresas privadas de Galicia que se constitúan e inicien a súa actividade no prazo dun ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT e poidan solicitar algunha das seguintes liñas de axudas:
-
Subvención á creación directa de emprego estable entre o 01.10.2016 e o 30.09.2017.
-
Subvención para a contratación temporal de persoal técnico de alta cualificación, antes de que transcorra o primeiro ano de actividade.
-
Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade, en función do número de postos de traballo estables creados e subvencionados durante o primeiro ano de actividade.
Prazo de solicitude:
O prazo xeral de solicitudes será entre o 11.08.2017 e o 30.09.2017, obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.