Ir o contido principal

Protección Civil incorpora un dron como apoio ao seu traballo

O Concello de Arteixo incoporará ó seu equipamento de Protección Civil un dron multirotor cedido pola Xunta de Galicia e que poderá utilizarse en labores de búsqueda e na mellora e rapidez dos servizos que se prestan. 

O novo equipamento, deúltima xeración, permitirá axilizar os labores de rescate en casos de desaparecidos en terra ou mar así como no control de eventos públicos ou na localización de focos de incencio. 

O aparato conta con un sistema de sensores que impiden, de forma automática, que poda chocar con obstáculos que atope no camiño. Dispón dun sistema de manexo manual e un sistema de vóo autónomo cunha ruta marcada previamente. Conta con cámara e un dispositivo de visión térmica que pode localizar obxectivos de búsqueda a través de marca calórica en situacións de escasa visibilidade. 

Os membros de protección civil recibirán un curso específico para o manexo do dron. 

dron