Ir o contido principal

Protección Civil refórzase contra as avespas asiáticas

O novo sistema, que presentaron a directora xeral de Gandería e Agricultura, Belén Docampo, e o concelleiro de seguridade José María Sánchez Novo; incorpora unha pértiga telescópica e unha bomba mediante os que se introduce o insecticida no niño. A mesma pértiga, vinte minutos depois de que o insecticida teña actuado, serve para retira-lo niño.

Protección Civi retirou en 2016 375 niños de avespas asiáticas, unha media anual cercana ós catrocentos retiroados.

As colonias destes insectos aparecen en prácticamente cada unha das parroquias de Arteixo e se atopan máis fácilmente en árbores de gran tamaño aínda que tamén en cornisas e galpóns.

O procedemento de Protección Civil para retirar estes niños, tras un aviso veciñal, ponse en marcha en horas cercanas á noite. Contan cunha equipación de traxes especiais e un camión grúa que agora se sustituirá polo novo equipamento aportado por Medio Rural.

Tras o localizar os operarios rocían o niño cun compoñente químico que mata unha gran parte das avespas e posteriormente o queiman para que non se volva a reproducir o enxame.