Resultado do sorteo da viaxe á neve da Concellería de Xuventude
O departamento de xuventude organiza, para o 8 de febreiro próximo, unha viaxe á estación invernal de Leitariegos.
Trátase dunha viaxe de dous días, con regreso a Arteixo o 10 de febreiro, para o que teñen preferencia os empadroados en Arteixo de entre 12 e 25 anos.
O prezo da viaxe, 120 euros, inclúe o transporte, estadía, manutención, monitores, clases de esquí, animación, alugamento de material, remontes e seguros.