Ir o contido principal

Sabón acollerá o V Torneo de Balonmán Praia Concello de Arteixo

A praia de Sabón acolle este sábado 8 de Xullo a quinta edición do Torneo de Balonmán praia que organiza o Servizo Municipal de Deportes. 

A competición, que se desenvolverá entre as catro da tarde e as nove da noite reunirá a distintos equipos das categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete.