Ir o contido principal

A segunda xornada do “III Encontro de experiencias EducaTIC” estivo marcada pola participación do alumnado de secundaria e formación profesional

EducaTIC02002Rematada a segunda xornada do Encontro, onte foi o día de exposición de experiencias dos centros de secundaria (IES Pastoriza, IES Manuel Murguía e IES Sabón). É de destacar a colaboración de alumnado dos centros: aportaron o seu punto de vista sobre os proxectos que se desenvolven nos seus centros e dos que eles son parte activa.

O turismo como recurso pedagóxico, o modelo in-class flip na aula, o uso das TIC para a inclusión de alumnado con cegueira visual e cegueira (a tiflotecnoloxía), a paisaxe lingüística, a análise de textos en Moodle, a vivenda domótica en 3D, a biblioteca como recurso para traballar voluntariado, foron as distintas temáticas abordadas.

E contamos coa presenza de Luz Beloso coa ponencia titulada “Crear para comunicar, transformar e unir”. Esta licenciada en Belas Artes é mestra de educación plástica e audiovisual e actualmente imparte clases no IES As Braxas (Moaña).

A tarde completouse co estupendo traballo realizado polo alumnado de FP Básica de Cociña e Restauración do IES Sabón. A mostra do aprendido no 1º curso demostrou o nivel que van acadando. A elaboración dos productos, a organización do espazo, a presentación de productos, o trato aos visitantes e degustadores que pasaron pola sá donde todo estaba exquisitamente preparado… é de destacar. Todo baixo a dirección do seu mestre, responsable último dos resultados.

 

EducaTIC02003

 

EducaTIC02004

 

EducaTIC02005

 

EducaTIC02006

 

EducaTIC02007

 

EducaTIC02008

 

EducaTIC02010

 

EducaTIC02011