Ir o contido principal

A semana europea do deporte abre as portas do Complexo Deportivo Municipal

O Complexo Deportivo Municipal de Arteixo súmase á Semana Europea do Deporte cunha axenda especial e aberta a todo o público. Será o 28 de setembro e a xornada, para adultos e nenos, inclúe actividades acuáticas, "bike" ou zumba entre outras. 

A Semana Europea do Deporte é unha niciativa da Comisión Europea que ten como obxectivo promover o deporte e a actividade física en todo o continente. O tema central da campaña é “#BeActive”, e pretende animar a todas as persoas a permanecer activas durante esa Semana e ao longo de todo o ano.