Ir o contido principal

Sete asociacións deportivas asinan os seus convenios co concello

O alcalde de Arteixo asina firmou sete convenios coas entidades deportivas do municipio co obxectivo de promocionar a práctica deportiva entre os veciños. 

O Club Xadrez Arteixo, a Asociación Deportiva Di Som, o clube de fútbol de Pastoriza, o clube de fútol de Larín ; o club ciclista de Arteixo;o clube de baloncesto de Arteixo e asociación deportiva que promove o boxeo e deportes de contacto son os beneficiaros dos acordos asinados hoxe e que supoñen unhna suma de 86.000 euros dos 298.000 euros que invirte o concello no 2019 en convenios e subvenciòns a unha treintena de agrupacións deportivas do municipio.

As axudas deportivas benefician a máis de trinta asociacións de diversas disciplinas deportivas co obxectivo de que promocionen a práctica deportiva entre os veciños. Máis de 16.000 personas en Arteixo están apuntados nalgún equipamento municipal para practicar algún deporte, unha das cifras, proporcionalmente falando, máis altas de Galicia.

A promoción do deporte en Arteixo implica ademáis unha oferta de cerca de corenta modalidades nas escolas deportivas municipais. O Programa de Escolas Deportivas Municipais é o principal programa de fomento do deporte e actividade física en Arteixo. Ademáis de estas actividades, o departamento tamén promove outras iniciativas que se realizan en instalacións municipais, aínda que fora do sistema das Escolas Deportivas , como a liga de fútbol sala municipal, ou as actividades da piscina municipal .