Ir o contido principal

Setembro ábrese cunha nova edición da feira de oportunidades e de vehículos de ocasión

A Coruña, Cambre ou Carballiño súmanse á Feira de Oportunidades coa que , tradicionamente, o Centro Comercial Aberto de Arteixo comeza a nova temporada. 

Entre o 31 de agosto e o 2 de setembro preto de 30 tendas ofrecerán os seus productos, a prezos reducidos, baixo unha carpa de 800 metros cadrados que se ubicará na explanda das Festas e que dispuxo para a ocasión o Concello de Arteixo.. O recinto complétase con 2000 metros cadrados para a exposición de vehículos de ocasión e máis de 150 metros cadrados de zona infantil. 

Como novidade nesta edición a cita contará cunha flota de "foodtrucks". O horario de apertura será o venres de 17 a 21 h; sábado de 10 a 21 horas; e domingo de 11 a 20 horas.

 

feira de oportunidades