Ir o contido principal

Subvencións para actividades de fomento da igualdade entre mulleres e homes e de loita contra a violencia de xénero

 

non_violencia_xeneroO Concello de Arteixo abre o prazo para a presentación de solicitudes da convocatoria de subvencións para actividades de fomento da igualdade entre mulleres e homes e de loita contra a violencia de xénero, durante o ano 2018.

Os programas que se subvencionan son dous:

A.- Programa Igualdade

B.- Programa de loita contra a Violencia de xénero

Entidades Beneficiarias

Entidades locais legalmente constituídas que cumpran os requisitos especificados na Ordenanza Xeral reguladora da concesión de subvencións municipais e nas bases reguladoras.

1º) Entidades legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Municipal de asociacións no momento da solicitude, que desenvolvan actividades de interese para o concello, dentro do seu termo municipal ou en beneficio del.

2º) Persoas físicas que realicen actividades de interese municipal e que cumpran os requisitos sinalados nas bases.

3º) Centros educativos, ou consellos escolares dos Centros educativos municipais.

Todas as accións ou actividades poderán dirixirse a poboación infantil, xuvenil ou adulta e a participación poderá ser mixta. Respecto aos talleres para grupos, deberán contar cun mínimo de 10 persoas participantes e estar dirixidos por monitorado especializado.

  • Consignación orzamentaria: 3.000,00 €
  • Prazo de presentación de solicitudes: ata o 12 de xuño de 2018
  • Lugar de presentación:  rexistro municipal
  • Prazo para xustificar: 30 de novembro de 2018
  • INFORMACIÓN: No CIM

Os modelos normalizados de solicitude estarán a disposición das persoas interesadas no Rexistro Xeral, no Centro de Información á Muller (CIM) e na páxina web municipal.

 

Bases (BOP nº 89 do 11 de maio de 2018)