Ir o contido principal

Subvencións para actividades deportivas 2019

O Concello de Arteixo abre o prazo para a presentación de solicitudes da convocatoria de subvencións para actividades deportivas 2019.

A finalidade da convocatoria consiste na promoción e fomento do deporte, subvencionando actividades realizadas no Concello de Arteixo, apoiando ás entidades locais sen ánimo de lucro na creación ou mantemento de actividades, fomento do deporte base, deporte para todos, organización de eventos deportivos, así coma a organización de programas de fomento de actividade física saudable e aos deportistas arteixáns individuais que acreditando unha calidade inicial e unha especial dedicación á actividade deportiva, auguran unha proxección futura para o deporte de alta competición. As axudas obxecto desta convocatoria irán dirixidas a consolidar a progresión do rendemento dos deportistas.

  • Obxecto. Promoción e fomento do deporte, subvencionando actividades realizadas no Concello de Arteixo no presente ano natural.
  • Beneficiarios.
  • Entidades deportiva locais sen ánimo de lucro na creación ou mantemento de actividades, fomento do deporte base, deporte para todos, organización de eventos deportivos, así coma na dotación de equipamentos das programacións que desenvolven en materia de deportes.
  • Deportistas arteixáns individuais que acreditando unha calidade inicial e unha especial dedicación á actividade deportiva, auguran unha proxección futura para o deporte de alta competición. As axudas obxecto desta convocatoria irán dirixidas a consolidar a progresión do rendemento dos deportistas.
  • Bases reguladoras.Bases reguladoras das subvencións municipais en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á realización de actividades deportivas publicadas no BOP.
  • Contías.- As contías destinadas son os importes consignados no orzamento ordinario para o ano 2019, ascendendo a un total de 30.000 € con cargo á partida 341.489.00.
  • Criterios de valoración.- As bases reguladoras conteñen os criterios de concesión da subvención aplicables para a valoración dos proxectos presentados.
  • Prazo de presentación de solicitude.- O prazo de presentación de solicitudes será de un mes, iniciándose a partir do día seguinte ao da publicación do presente extracto de convocatoria no BOP de A Coruña. (20 de maio de 2019)
  • Prazo de Xustificación.- O prazo para a presentación da xustificación das subvencións remata o 30 de novembro do 2019 debendo tramitarse segundo se especifica nas bases reguladoras