Ir o contido principal

Teatro e contacontos protagonizan a oferta cultural da fin de semana en Arteixo e Meicende

A A compañía ferrolá, Ghazafelhos presenta a súa "Iriña Bailarina" en Meicende metres que a Arteixo chega a a nova comedia documental de Chévere Teatro

A compañía Teatro Chévere representa este venres 18 de novembro ás 20:45 horas no Auditorio do CCC de Arteixo Eroski. Trátase da primeira produción da compañía Chévere despois de recibir o Premio Nacional de Teatro. Unha comedia social que entra na vida e as decisións dunha familia desa inmensa e anónima clase media, para explorar as posibilidades de atopar un rastro de esperanza.

A obra a protagonizan Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira e Cristina Iglesias. Non está recomendada para menores de 12 anos e as entradas costan entre 4 € ou 3 €, a tarifa reducida).

Meicende acolle, pola súa banda, a "Iriña Bailarina" da compañía Ghazafelhos. Trátase dun contactontos dramatizado que esculca na ruptura de roles convencionais a través dunha bailarina que vive nunha caixa de música e que devece por poder saír do espazo que a anoa a dar voltas sen cesar para poder xogar ao futbolín, ser pirata ou mesmo, se quere, poder engordar, isto é, para quebrar ou modificar a súa propia sorte ou fado.

Neste caso trátase dunha actuación gratuita, por invitación, que comezará ás 20.00 h.