Ir o contido principal

Teatro para pequenos tamén en Nadal

A compañía murciana "La Murga" trae a Arteixo a súa particular e divertida visión do clásico "Caperucita". Será o próximo 27 de decembro ás 20 h no Auditorio. 

Dous contadores de historias chegan ao teatro para contar e representar o conto para os máis pequenos. Esta curiosa coincidencia fai que os dous actores teñan obrigatoriamente que compartir o espectáculo e os seus personaxes e coas divertidas situacións que se lles van presentar. Quen será o lobo? Quen Caperucita? O cazador? Unha divertida, disparate e diferente versión do conto de sempre. Un espectáculo que non deixará indiferentes nin a rapazada nin ás persoas adultas.

As entradas estarán a venda o 27 no CCCC de Arteixo en horario de 11:30-13:30 e 2 h antes da función. Nesta ocasión haberá un prezo único de 8 €.

O 3 de xaneiro, tamén ás 20:00 h, o Mago Paco estará no Auditorio de Meicende con “Hocus Pocus”, un espectáculo que inclúe tolemias, berros, gargalladas, ilusión, emoción e moita maxia!!!! Un espectáculo perfecto para completar calquera actividade infantil de Nadal ou pasar unha tarde navideña en familia!.

A función é con invitación, que se poderá recoller na Conserxería do CSC de Meicende 1 h antes da función.