Ir o contido principal

Todos os alumnos de Arteixo, conectados

O concello de Arteixo solicitou os centros educativos do municipio que fixeran unha lista dos alumnos que necesitan conexión a Internet para a súa formación e carecen dela. Ata o de agora solicitaron o servizo noventa alumnos.

Unha vez que as direccións e os titores dos centros fixeron a lista das súas necesidades neste ámbito, o concello, a través do programa municipal Arteixo Innovación, xestionou a contratación destas conexións a Internet, que consistirán nun router MIFI LTE e unha tarxeta de datos con 100 Gb. A finalidade e uso do sistema é facilitar o seguemento en liña da actividade educativa mentras dure a suspensión das clases ocasionadas pola pandemia do COVID-19.

O concello de Arteixo ven apoiando desde fai anos o fomento do uso das tecnoloxías da información e da comunicación no eido educativo asumindo a financiación do proxecto Arteixo Innovación. Con esta iniciativa preténdese manter a entidade municipal como referencia no uso das TIC no eido educativo e facilitar a transferencia de coñecemento á cidadanía para chegar a un desenvolvemento local integral. Esta actuación ven motivada porque desde que se acordou a suspensión de todo tipo de actividade lectiva en todos os centros de ensino se iniciou un seguemento en liña da actividade educativa en todos os niveis de ensino.

Anteriormente o concello tamén xestionou a través dos centros educativos o préstamo de ordenadores portátiles ou tabletas para que todo o alumnado que non dispoñía deles poidera seguir coa continuación telemática das actividades educativas. Visto que ainda que esa inciativa cubriu unha parte importante da demanda, quedou un grupo de alumnado en situación de vulnerabilidade ao que desde o centro educativo se lle pode prestar unha tableta ou ordenador portátil, pero que non ten medios de conexión a Internet, daí que esta iniciativa de facilitar as conexións ven a solucionar esa carencia.